
Vista aérea do Aquis Querquennis
No concello de Bande pódense atopar diversos restos arqueolóxicos, entre os que destaca o complexo térmico romano Aquis Querquennis composto por un campamento militar, unha mansión viaria e aguas termais.O campamento romano dunha cohorte da lexión sétima xémina foi un dos epicentros militares dende os que se activou a construcción desta ruta. Ata a data, van escavados e consolidados, total o parcialmente, uns 200m. de muralla, coas súas torres sucesivas e alternantes, así como dúas importantes entradas, a porta principalis sinistra e a porta decumana, aparte dun pequeno sector del foso; tres barracóns da tropa, coas súas contubernia, e o patio ou impluvium . Tamén un hospital, con dous horrea. Nos últimos tempos exhumouse o edificio medular do campamento, tratase dos principia ou cuartel xeral.
Da mansión viaria – pequena hospedaxe para os viaxeiros que recorrían a vía – escavouse o que parece un edificio hostaleiro co seu gran patio cuberto, un forno panificador, os apousentos, a cociña e o patio cercado exterior provisto do correspondente pozo para abeberar as bestas de carga.
Unhas xenerosas augas termais, con multitude de mananciais, que xa na época romana deron nome a esta mansión, brotan no medio dos restos. Estes mananciais de auga quente son utilizados polos veciños de poboacións próximas, que lle atribúen propiedades indicadas para o reumatismo e enfermidades da pel.
Contubernia
Horrea

Porta Principalis Sinistra

FONTE: Concello d’A Lama